Os Quinquilláns e Cousas de Castelao

O pasado mércores 15 de marzo, o alumnado de 1º ESO asistiú ao Centro Cultural Ágora  á posta en escena da adaptación de Cousas (1926) de Castelao polo grupo Os Quinquilláns. Foi unha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega.

Esta compañía  de teatro fai unha montaxe orixinal a partir dalgúns relatos  do libro Cousas. A posta en escena e o decorado son moi bós, o atrezzo moi coidado, e por suposto a actuación de Lucho Penabade e Tero Rodríguez que  fan desta peza teatral unha opción moi dinámica e recomendable para acercarse a Cousas e ao mundo de Castelao.

Deixámosvos un video sobre  a peza teatral.