XOGOS LÓXICOS NO DÍA DA BIBLIOTECA

24 outubro, Día da Biblioteca. E no noso instituto quixemos impulsar a biblioteca STEM con obradoiros de xogos lóxicos dinamizados polo alumnado do Club de Ciencias.

 

Foi unha mañá chea de actividade, xa que tamén tivemos formación de usuarios e usuarias de 1º da ESO. Durante a súa preparación, recibiron a visita de alumnado de 2º de Bacharelato que veu explicarlles por que celebrabamos hoxe o Día da Biblioteca e leulles o pregón “A sen conto” que Gemma Pasqual escribiu para tal data.

O pase de diapositivas require JavaScript.

O resto do alumnado de 1º da ESO escoitou tamén nas súas aulas “A sen conto” lido polas compañeiras e compañeiros de 2º de BACH.

 

 

Día da Biblioteca 2018

Hoxe 24 de outubro celebrouse o  Día das Bibliotecas,  na nosa foi un sin parar de actividades nos dous recreos !!! Papiroflexia, préstamos, xogos matemáticos, estudo, buscas nos ordenadores, cubo de Rubik, debuxo…

O pase de diapositivas require JavaScript.