Arquivo por etiquetas: Día da Paz
DÍA DA PAZ 2020, MALIA TODO!
Malia termos un día chuviñoso, malia organizarmos o acto só un día antes, malia non termos a pantalla de vídeo montada, malia a existencia de voces que din: “para que celebrar a paz cando non a temos?”…,
malia todo…,
as nubes deixaron paso ás raiolas de sol reconfortantes;
malia todo…
nun día fostes quen de atopar esa camisola branca no fondo do armario e situarvos na liña de xiz que previamente axudara a pintar a rapazada do Raquel Camacho para que vós formarades o símbolo humano da paz;
malia todo…
o vicedirector non dubidou en enchufar o seu móbil aos altofalantes para que desde o fondo do patio se escoitase a canción de Antonio Flores mesturada coas vosas voces, acalando esoutras que dicían: “para que celebrar a paz…? E xunto coa pomba que o ano pasado fixerades coa profesora Milagros e que voluntariamente fostes montando, cos caligramas poéticos que fostes colgando na corticeira da entrada e mais coa pancarta que este ano creou o alumnado de 1º da ESO coa profesora Laura Velasco para lervar o vindeiro luns na Cadea humana pola paz e a nonviolencia… conseguistes transmitirnos a vosa xenerosidade, colaboración, ledicia, as vosas ganas de facer e seguir adiante. Sen dúbida, pasos esenciais para a construción da PAZ.
Día da Paz 2019
Canción do vídeo: No niño novo do vento baseada no poema de Álvaro Cunqueiro e cantada por Amancio Prada.
Mural da paloma feito polas alumnas : Paula Salgado e Julia Blanco de 3º ESO e Alicia Martínez de 2º BAC.
Lectura do manifesto: Laura Sampedro de 2º ESO e Alba Bermúdez de 4º ESO.
Colaboración especial do noso compañeiro Xurxo Souto.
Fotografías: Antía Castro 1º BAC -B
Vídeos : Tania Rodríguez de 1º BAC -A
Canción/rap : Jesús Escudero, Joaquín, Manuel e Daniela 2º ESO.
Canción Le déserteur de Boris Vian traballada na aula polo profesor François Davo.
Ligazón ao blog La Chanson
Canción Madre Tierra de Chayane.
Escolma de Premios Nobel da Paz
O alumnado de 4ºC elaborou esta presentación sobre os Premios Nobel da Paz.
Día da Paz III – Photocall
Photocall na entrada do instituto con motivo do Día da Paz . As fotos foron feitas por Antía Castro de 4º ESO-A.
Cartaces coa palabra PAZ
Día da Paz II
No acto da celebración do Día da Paz alumnas de 1º ESO e 4º ESO leron uns fragmentos do discurso de Malala no acto de entrega do Premio Nobel da Paz 2014.
Logo as alumnas do coro bilingüe cantaron as cancións recollidas nestes vídeos:
Proxectouse a curta “Sadako e as mil grullas de papel”
E para rematar a celebración o alumnado de 2º BAC de Historia da Música e a Danza, fixo un flashmood coa canción “Moving” de Macaco.
Ligazón ás fotos do acto.
https://flic.kr/s/aHsksoLtLz
Día da Paz I
Galería

Esta galería contén 10 fotos.
Preparando o Día da Paz
Galería

Esta galería contén 5 fotos.
PEACE DAY
Os grupos de 2º D, 3º C e 4º B na materia de Música conxuntamente coa materia de Inglés,coa axuda dos profesores Isabel González e Juan Seijas, prepararon uns textos sobre a paz e léronos na entrada do instituto, nun acto no que tamén participou o Coro Bilingüe, co gallo do Día da Paz.
O alumnado de 3º A participou elaborando un mural no cal os estudantes puxeron frases de paz.
As alumnas Fátima Sanfo e Paula de 3º PMAR , na materia de Música ,elaboraon un vídeo que acompañou á canción Tu enemigo de Juanes e Pablo López, mentras o coro a cantaba.
O evento foi posible grazas á colaboración técnica do profesor Pablo González.
Teresa Méndez, profesora de Música