Club de lectura BABEL

O pasado luns tivemos unha sesión do Club de Lectura BABEL, para traballar o libro El secreto del fuego do escritor sueco Henning Mankell . Falamos de Mozambique, das minas antipersoas, da situación da rapazada que non ten acceso á escola e a situación da muller en África. 

Deixámosvos  o comentario dunha alumna sobre o libro:

O escritor quixo resaltar a vida da muller africana e as dificultades que vive no seu país. É unha historia triste pero que deixa unha pequena luz de esperanza. Sofía acenderá o seu propio fogo. É un libro de dor, de fame,de tristura e de soidade. 

Albania Jiménez

Este é o booktrailer do libro