O ENTROIDO DE DUNKERQUE, DÉLICIEUX!

No Agra estamos de sorte. Logo dun entroido anos setenta, veu o entroido pequeno da man do club de lectura de francés cheo da cor e da folie que se pode observar no entroido de Dunkerque. Lemos as tiras de banda deseñada de Carnavaleux, Manon falounos das características desta festa: tipo de vestimena, comida típica…; degustamos as saborosas e diferentes crêpesfeitas polos propios integrantes do club. Só nos faltou levar sombreiros ou perrucas para sentirnos como na primeira fila do desfile!

ENTROIDO “ANOS 70”

Curso 1969-1970, inauguración do IES Agra do Orzán. Estamos de 50º aniversario e quixemos celebralo tamén no Entroido. Adiviñades cal foi o eixo temático?

Velaí as imaxes que desde o equipo da Biblioteca puidemos recoller. Se tedes algunha máis, mandádenola que a engadiremos a este pequeno álbum.

Parabéns aos cursos gañadores, mais sen dúbida, ese día o premio foi para toda a comunidade educativa que se volcou na celebración da festa.

O pase de diapositivas require JavaScript.