Este pasado martes tivemos, no noso centro, un encontro coa escritora Andrea Maceiras.
O alumnado de 3º ESO e os membros do Club de lectura BABEL leron O que sei do silencio. Andrea compartiu connosco as súas historias de sereas e afondamos no tema do acoso; no que sente unha persoa acosada e a acosadora; que tipos de acoso existen e na importancia de pedir axuda ante estes casos a un adulto.
oznor
cof
Quedamos coa dedicatoria dos libros que asinou:”non quedes en silencio”. Que non nos invada o monstro do medo e non calemos as situacións de acoso que vemos ao noso redor.
rpt
rpt
Tamén compartimos ideas do libro lido polo alumnado de 1º BAC, Europa express. Preguntámoslle polo final do libro e en que se inspiró para retratar os personaxes.
Falamos de que a animou a escribir, das fermosas portadas dos seus libros e do próximo que está a escribir.
Grazas pola túa xenerosidade Andrea e as fermosas historias que contas e que non nos deixan indiferentes.