Festival da Francofonía

O martes 7 de maio 18 alumnos/as do noso instituto de 3º ESO e 1º BAC, acompañados polo seu profesor de francés François Davo e a profesora de matemáticas María Vidal,  participaron no 12º Festival da Francofonía que convoca o IES A Basella de Vilanova de Arousa.

O noso alumnado interpretou unha canción dun histórico grupo de rock francés, Téléphone.

Desde aquí queremos dar as  grazas á profesora Nieves Vecilla polo seu enorme traballo. Salientar o  apoio do
Concello da vila. 

Aquí tendes á ligazón ao vídeo do  evento colgado polo concello de Vilanova  de Arousa. O noso alumnado canta a partir do minuto 02:47″