Aquí tedes as últimas imaxes do alumnado de 1º da ESO que baixou coa titora a semana pasada para coñecer o funcionamento da nosa biblioteca. Lembrade que só con dicirnos o voso nome e apelido xa podedes acceder a todos os fondos.
Neste mes de outubro baixarán á Biblioteca os alumnos de 1º e 2º da ESO para visitala, coñecer as súas normas de funcionamento e como están organizados os libros e demais materiais nos andeis. E así saber facer unha procura de información concreta. Coñecerán tamén, o servizo de préstamos. Noutra sesión farán un xogo de busca, para aplicalo aprendido.