Club de Lectura BABEL

Este pasado luns 8 de abril o Club  de Lectura BABEL reuniuse para comentar o libro de Francisco Castro Iridium.

Falamos de sentimentos, da diferenza, da discapacidade, das redes sociais … O libro visibiliza e ponlle voz ás persoas con Dano Cerebral Adquirido. 

Algo que deu para moito que comentar foi o tema da mirada dos outros ” non é como te sintas , senón como os outros te fan sentir a través da súa mirada”.

Unha historia de amor, de amizade, de sacrificios , de dificultades. Todos somos iguais , amamos e temos corazón.  

CIAO ITALIANI

Un ano máis fixemos un intercambio co Istituto di Istruzione Superiore Benedetti Tommaseo (Castello, Venecia) xunto co IES Monte das Moas. Este curso o intercambio foi en torno ao Club de Lectura e a Biblioteca. Os alumnos galegos leron O segredo de Marco Polo de Francisco Castro ambientado en Venecia, e os alumnos italianos leron Trece  campanadas de Suso de Toro, ambientado en Compostela. Un dos días da estancia en  A Coruña fomos á Cidade Vella e a  Santiago de Compostela e Fisterra , nesta ligazón veredes un PowerPoint desa actividade.   

Os alumnos italianos traballaron na Biblioteca do Ágora dentro da  proposta “Ma come é bello vivere alla Corogna!”. A biblioteca do Ágora compartiu  connosco a  crónica das xornadas nesta  ligazón, así como tamén unha selección de fotos que subiron  ao seu perfil en flickr:

– Post no blog Suma Ágora: https://sumagora.wordpress.com/2016/04/20/ma-come-e-bello-vivere-alla-corogna/
– Selección de fotos en flickr: http://bit.ly/1TRvpBO

ARRIVEDERCI! 

 

 

 

Club de lectura do intercambio de alumnos de Venecia

No pasado mes de Febreiro tivemos unha reunión do club de lectura formado por alumnos de 1º de BAC  que van facer un intercambio con alumnos dun instituto en Vencia, o Liceo Lingüístico Tomasseo . Limos o libro  O segredo de Marco Polo  de Francisco Castro e fixemos un Power Point dos lugares de Venecia que aparecen no libro e seguro que visitaremos  en persoa no mes de Marzo.