Aquí tendes a ligazón ao blog do Grupo DADO sobre a gala das Letras Galegas e o I Concurso de Microrrelatos.
Arquivo por etiquetas: Gala Letras Galegas Agora 2017
GALA LETRAS GALEGAS GRUPO DADO , CLUBS DE LECTURA
Hoxe celebramos no Auditorio do Ágora, a Gala das Letras Galegas do Grupo DADO , formado polos membros dos clubs de lectura do IES Monelos, IES Zalaeta , IES Monte das Moas, IES Elviña, IES Rafael Dieste e máis o noso club. A gala foi presentada polos alumnos do IES Zalaeta , dixo unhas palabras a directora da Biblioteca do Ágora, Cristina Ameijeiras ,o concelleiro de Cultura e os membros do xurado do Concurso de Microrrelatos , formado por representantes da Biblioteca Ágora e editores da cidade.
Tivemos unha fermosa e animada actuación musical a cargo de Iria Mejuto, integrante dunha formación adicada ao soul, BLACK .
Aquí tendes a entrada sobre a Gala no blog de Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais.
NA SEGUINTE ENTRADA DO BLOG DEIXÁMOSVOS OS MICRORRELATOS GAÑADORES DO NOSO CLUB DE LECTURA. E OS VIDEOS FINALISTAS.