Arquivo por etiquetas: Grupo Dado
Concurso Microrrelatos e bookstrailers . Gala Clubs de Lectura- Grupo DADO
Na Gala dos Clubs de Lectura dos institutos integrantes do Grupo DADO , o Club de Lectura en Francés, do noso instituto, presentou esta curtametraxe. Parabéns!
Concurso Booktrailers Categoría A , 2º posto . Paula Salgado de 3 ºESO -B.
Finalista Categoría A de Microrrelatos , Julia Blanco de 3º ESO -C
ANESTESIA GENERAL
Me encuentro.
con los pies.
clavados en el suelo.
[la mente fría]
enterrando todos.
mis recuerdos.
muy al fondo. casi en el centro de la tierra.
casi sin darme cuenta.
de que [si los toco] van a arder.
y volver a quemar.
Finalista Categoría B de Microrrelatos , Carla Queijo de 2º BAC
CUENTO SIN HADAS
La bella gritó horrorizada cuando la bestia se abalanzó sobre ella arrebatándole la delicada flor, destrozándola, arrancando sus pétalos carmesíes con brutalidad. Una fuerte luz deslumbró el lugar y, ante los ojos de los recién llegados, la bestia se transformó en un muchacho normal: sin garras, sin colmillos, pero aun así, una auténtica bestia.
Fue una condena revisable de 12 años para él y una maldición inquebrantable para ella: aquel doloroso recuerdo. Y aquí, ni fueron felices ni comieron perdices.
Gala Clubs de lectura. Grupo DADO
O pasado martes 30 de abril todos os participantes dos clubs de lectura do noso instituto,acudimos ao Auditorio do Ágora para participar na Gala dos Clubs de Lectura de instituos da cidade, integrantes do grupo DADO.
Deixámosvos a ligazón á entrada do blog dos Clubs de Lectura das Bibliotecas municipais.
Ademáis das actuacións do alumnado do IES Menéndez Pidal , entregáronse os premios do concurso de Microrrelatos e de Bookstrailers.
Parabéns á alumna Paula Salgado de 3º ESO -B que obtivo o 2º premio na categoría de bookstrailers , felicitar a Julia Blanco de 3º ESO -C e a Carla Queijo de 2º BAC – B que quedaron finalistas no concurso de microrrelatos. Tamén agradecer ao resto do alumnado que presentou microrrelatos e bookstrailers.
Noutra entrada do blog compartiremos os microrrelatos participantes e os bookstrailers do noso alumnado.
Grupo DADO 2018-2019
Hoxe tivemos a primeira reunión do curso do Grupo DADO ,integrado polos coordinadores dos clubs de lectura de 6 institutos da cidade. Este curso incorporouse o IES Eusebio da Guarda , xa somos 7 os centros que o conformamos: IES Rafael Dieste, IES Monelos, IES Monte das Moas , IES Elviña, IES Menéndez Pidal e máis nós.
Intercambiamos lecturas e programamos actividades conxuntas para este curso.
Acompañáronnos na reunión Cuqui Fernández, da Biblioteca municipal Ágora e Javier Pintor do CFR de A Coruña.
Grupo DADO. Clubs de lectura
Onte tivemos, no IES Rafael Dieste, a última reunión no curso do Grupo DADO (mediadores responsables dos clubs de lectura do IES Monelos, IES Monte das Moas, IES Rafael Dieste, IES Elviña, IES Menéndez Pidal e nós ) xunto co asesor de formación das Bibliotecas escolares do CFR de A Coruña, Javier Pintor.
Valoramos as lecturas compartidas neste curso nos distintos clubs, avaliamos as actividades desenvolvidas e propuxemos posibles líneas de actuación para o vindeiro curso.
Gala Clubs de lectura Grupo DADO no Ágora
As compañeiras da Biblioteca Ágora comparten connosco a súa entrada no blog dos Clubs de lectura de Biblotecas Municipais de A Coruña.
https://clublecturacoruna.com/2018/04/19/ii-concurso-de-microrrelatos-dado-biblioteca-agora/
E a ligazón ao Flickr da bibliotecas municipais.
Gala Grupo DADO , Clubs de Lectura
Nesta LIGAZÓN tendes un adianto das fotos da Gala do Grupo DADO no Centro Cultural Ágora.
Grazas a Cuqui e a todo o equipo da Biblioteca Ágora que organizou o acto e compartiú as fotos.
Concurso Microrrelatos Grupo DADO. Clubs de lectura
Deixámosvos os relatos das alumnas que se presentaron ao II Concurso de microrrelatos Grupo DADO , formado por 6 clubs de lectura da cidade. Parabéns a todas!
Reunión Clubs de lectura da cidade
Hoxe xoves reunímonos, na Biblioteca do noso instituto, o profesorado responsable dos clubs de lectura integrantes do Grupo DADO formado polo IES Monelos, IES Elviña, IES Menéndez Pidal, IES Monte das Moas e IES Rafael Dieste. Intercambiamos lecturas e programamos actividades conxuntas nos nosos clubs. Tamén estivo connosco a responsable dos clubs de lectura da Biblioteca Ágora.
Resumo da Gala da entrega dos Premios DADO 2017 no Ágora
Aquí tendes a ligazón ao blog do Grupo DADO sobre a gala das Letras Galegas e o I Concurso de Microrrelatos.