Gañadores da III Olimpíada do Saber 2016

 

Xa temos ao equipo gañador da III Olimpíada do Saber , ESPARTANOS , formado por :

Alejandro Gestal 1º ESO-B

Liam Snell 1º ESO-A

Pablo Pérez 1º ESO-D

Antón Guerreiro 1º ESO-C

Noraboa!

Advertisements

III Olimpíada do Saber

Comenzamos as III Olimpíadas do Saber na Biblioteca, xa temos os equipos feitos , o día do comenzo será o luns  7  de novembro e durarán dúas semanas . Deixámosvos  as bases:

III   OLIMPIADA DO SABER

Do 7 ao 18 de NOVEMBRO 

INSCRICIÓN DE CONCURSANTES 

  • Poderán participar no concurso os alumnos de ESO e BAC .
  • Os concursantes formarán equipos que estarán compostos ata 4
  • A inscrición de equipos poderá facerse na Biblioteca a partires do martes 25 de Outubro.

PREMIOS

Material cultural e deportivo

BASES XERAIS

 O Concurso consiste en responder ás preguntas formuladas.

  • Haberá 3 tipo de probas: A pregunta diaria, o Preguntón do venres e o Pista a pista. Cada tipo de proba ten as súas propias bases.
  • O profesorado non deberá resolverlles a pregunta, podendo unicamente orientalos sobre o tipo de documentos a consultar. Se o xurado detecta outro tipo de axuda descalificará ao equipo infractor.
  • O Xurado publicará no taboleiro de anuncios da biblioteca as contestacións correctas ás preguntas e as puntuacións diariamente.
  • Só se admite unha contestación por equipo. Se hai máis dunha, anularanse todas.
  • En caso de reclamación, esta será entregada por escrito na Biblioteca antes da 12.30 horas do día seguinte á publicación da resposta, argumentado o motivo da reclamación.
  • O equipo que ao final acade máis puntos será o gañador da Olimpíada.

A PREGUNTA DO DÍA

  • Cada día, de luns a xoves, publicarase unha pregunta.
  • Os equipos terán 24 horas para respostala.
  • Poderán consultar calquera libro ou fonte de documentación.
  • O equipo que resolva a pregunta e entregue a contestación por escrito na biblioteca, antes das 12.30 h do día seguinte á súa publicación, gañará 1 punto.

 O PREGUNTÓN DO VENRES

  • Poñerase no taboleiro da biblioteca o venres, ás 10:10, e consistirá nun enigma que teredes que resolver antes das 12: 30 h. do martes seguinte.
  • Os equipos que o resolvan no prazo previsto poden gañar 5 puntos.
  • Cada venres un membro do equipo recollerá na biblioteca un folio co enigma.

O PISTA A PISTA

  • Dura de luns a venres.
  • Póñense en xogo 5 puntos.
  • Cada día publicarase unha pista no segundo recreo.
  • Débese contestar no primeiro recreo do día seguinte a publicación da pista.
  • Se acertas o primeiro día gañas a totalidade dos puntos pero a medida que se van dando pistas, por cada unha delas, descóntase 1 punto.
  • Cada equipo pode responder unha vez por cada pista. A última resposta anula as anteriores.

Preparados , listos … XA ¡