“A lección de August” no Club de Lectura BABEL

 O luns pasado tivemos a sesión do Club de lectura BABEL , para comentar o libro “La lección de August” de RJ Palacio.

Fixemos un repaso por todas as personaxes e os interesantes temas que aborda o libro. Falamos das dificultades que conleva ser diferentes, da importancia da  familia para aceptarnos tal e como somos , das relaciones entre compañeiros no instituo, dos nosos medos ao entrar por vez primeira no instituto, do acoso, dos sentementos …. 

Propuxemos como próxima lectura “Miña querida Sherezade” de Andrea Maceiras.