Arquivo por etiquetas: Ledicia Costas
Club de lectura BABEL. O corazón de Xúpiter
O pasado mes de xaneiro tivemos a sesión do club de lectura BABEL, limos O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.
A protagonista, Isla, muda de cidade e empeza de cero nun novo instituto.Gustáballe pasear polo ciberespazo baixo o nick Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nome que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba. Alí co
Comenzamos el Club de Lectura BABEL
Un curso más el Club de lectura Babel ha comenzado su actividad.
En la tarde de hoy, lunes 16 de noviembre, hemos celebrado nuestra primera reunión. En ella hemos formado el grupo (incrementado el número de integrantes este año), hemos explicado a los nuevos miembros el funcionamiento del club y hemos fijado el libro que leeremos a lo largo de este trimestre.
Queriendo rendir homenaje a la recientemente galardonada con el Premio Nacional de Literatura Juvenil, Ledicia Costas, hemos elegido un título de su haber literario, O corazón de Xúpiter.
Esperamos que la temática del libro, el ciberespacio, muy próximo a todos y actual, y el lenguaje sencillo y coloquial, nos hagan disfrutar de una lectura amena y fructífera.
¡Buena lectura!
Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
O PREMIO
A escritora galega Ledicia Costas foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015 pola súa novela “Escarlatina, a cociñeira defunta”, premio entregado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Trátase, segundo o xurado, de “unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte”.
Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2014.
Obtén este galardón xunto con outros premiados galegos en anos anteriores: Paco Martín con Das cousas de Ramón Lamote (1985), Xabier DoCampo con Cando petan na porta pola noite (Xerais, 1995), Fina Casalderrey con O misterio dos fillos de Lúa (1996) e Agustín Fernández Paz con O único que queda é o amor (Xerais, 2008), os únicos que até agora obtiveran este galardón.
A AUTORA
Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega.
Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía.
Ledicia Costas debutó na novela “Unha estrela non vento” (1999); á que seguiron “O corazón de Xúpiter” (2012, Premio Neira Vilas),”Recinto Gris” (2014) e “Escarlatina, a cociñeira defunta” (2014) que mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, o Premio Fervenzas Literarias, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, e foi incluído na Lista de Honor do IBBY (International Board on Books for Young People) para 2016.
A súa obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas: “Isto é un poema e hai xente detrás” (Espiral Maior e Xunta de Galicia), Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo (Xerais), “Pel con Pel” (Editorial Galaxia), “Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís” (A Nave das IDeas). Individualmente ten publicado o poemario “Xardín de Inverno”. A día de hoxe forma parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)
ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos. E nese día tan especial recibiu un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.Unha ducia de larpeiras receitas, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula a lectura e a curiosidade polo mundo da cociña.
O libro está dirixido a nenos a partir de 11 anos. A autora fálalles aos seus lectores da morte sen prejuicios e co humor macabro que lle gusta e que ten un dos seus referentes máis claros en Tim Burton.
O libro está ilustrado por Víctor Rivas, cultiva calquera estilo de debuxo aínda que os mundos fantásticos e as estéticas victorianas son as súas preferidas.
Ledicia Costas entregou a precuela, “Esmeraldina, a pequena defunta”, que se publicará a próxima primavera.
O CORAZÓN DE XÚPITER
Se vos gusta o tema das citas “a cegas”, das quedadas a través da Rede con persoas que non coñecemos no mundo real e coma non a Astronomía, tendes que ler este libro. Quererás terminalo sen parar. Hoxe no noso redor se da con mais frecuencia este tipo de actos nas redes sociais: a publicación e difusión de fotos dos outr@s, as ameazas por whatshap, as citas cos descoñecid@s…
O libro desvela como será o encontro de Isla e Xúpiter. E vaia final!!!