Libros Vivintes 2017 con 1º BAC

O pasado   mes de marzo , o alumnado de 1º BAC  co seu profesor de Lingua Galega, Fernando Ron, tiveron a oportunidade de participar un ano máis na actividade de Libros Vivintes , unha  iniciativa da Biblioteca Ágora . Os estudantes escolleron individualmente os  relatos anónimos de historias de vida de veciños seus, aqueles que máis lles gustaron, e que queren coñecer, que libro vivinte queren descubrir, para o cal a Biblioteca do Ágora organizou un encontro coas  persoas protagonistas de cada relato, que os alumn@s  leron e escollleron .

Os Libros Vivintes escollidos nesta edición  foron :

DESTINO MINDEN

GALICIA CRIME  

AS FOTOS DA ACTIVIDADE PODÉDELAS VER NAS SEGUINTES  LIGAZÓNS GRAZAS AO TRABALLO DE EVA E NURIA DA BIBLIOTECA DO ÁGORA  

Deixamos a ligazón á entrada no blog Suma Ágora  coa crónica desta edición e tamén unha selección de fotos que subiron ao seu perfil de flickr.

Advertisements

Libros Vivintes 2017

Durante este mes de xaneiro, o alumnado de 4º ESO co seu profesor de Lingua Galega, César Morán Fraga, tiveron a oportunidade de participar un ano máis na actividade de Libros Vivintes , unha  iniciativa da Biblioteca Ágora . Os estudantes escolleron individualmente os  relatos anónimos de historias de vida de veciños seus, aqueles que máis lles gustaron, e que queren coñecer, que libro vivinte queren descubrir, para o cal a Biblioteca do Ágora organizou un encontro coas  persoas protagonistas de cada relato, que os alumn@s  leron e escollleron .

Os Libros Vivintes escollidos este ano foron :

HOXE DE MENÚ: XENÉTICA

POÉTICA RANDOM

AS FOTOS DA ACTIVIDADE  PODÉDELAS  VER NESTE ENLACE GRAZAS AO TRABALLO DE EVA E NURIA , DA BIBLIOTECA DO ÁGORA  

Deixamos a ligazón á entrada no blog Suma Ágora coa crónica desta edición e tamén unha selección de fotos que subiron  ao seu perfil en flickr.

Sumando forzas coa Biblioteca do Ágora

O pasado mes de Outubro a Biblioteca do Ágora puxo en marcha para os alumnos do noso centro un proxecto de Alfabetización Informacional. Fixéramos referencia a este programa  nun  post anterior.

Agora queremos  deixarvos a ligazón a un interesante e emotivo artigo que escribiron acerca do proxecto dende  a Biblioteca do Ágora.

SUMA AGORA