Compartindo Mail Art co IES As Barxas

Estamos emocionados e de noraboa pola cantidade de postais mail art que imos recibir do IES As Barxas de Moaña, un dos institutos cos cales intercambiamos postais polo Día da Poesía.

Compartimos a foto da entrada do seu blog Lendo nas Barxas amosando algunhas  postais que estamos a piques de recibir no noso instituto.    

 

As Barxas

Deixámosvos a ligazón á súa entrada do blog falando da actividade.    

Grazas IES As Barxas e a todo o profesorado que fixo posible esta actividade tan fermosa.

VÍDEO DO DÍA DA POESÍA

Vídeo que recolle a exposición das postais Mail Art feitas polo noso alumnado. Hoxe, 21 de marzo, o noso compañeiro, e membro do equipo da Biblioteca, François levounas a correos para ponerlles o carimbo do día da Poesía. A música do vídeo é de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre cantando ” O baile de Noró”.      

Foto de alumnas collendo poemas das caixas da exposición con motivo do Día da Poesía. 

 

MAIL ART. DÍA DA POESÍA

Con motivo do Día da Poesía o próximo 21 de marzo invitámosvos a participar na  seguinte actividade. 

MAIL ART OU POESÍA POSTAL: 

  • Recorta unha cartolina e deseña a túa propia postal. (Nunha cara lembra deixar un espazo para selo de Correos, nome e enderezo). Podes coller cartolinas de cores na Biblioteca.

  • Escribe ou cita un verso ou un poema na túa postal. O poema pode ser o espazo habitualmente reservado á fotografía das postais, pero tamén podes debuxar, pintar, facer un collage e poñer o verso/poema no espazo habitualmente reservado ao texto…. Utiliza o que queiras: pincel, pluma, tinta, pintura…

  • Non esquezas cubrir o/a destinatario/a con enderezo completo (manda a túa postal ao instituto que colabora co teu IES).

  • Pide un selo na Biblioteca e entrégaa ata o venres 16 de marzo para súa exposición. O 21 de marzo, será entregada a Correos para que conste nela o carimbo deste día especial.

  • Os centros receptores das postais son:

IES AGRA DO ORZÁN                            IES AFONSO X O SABIO                                                

Rúa Alcalde Liaño Flores, s/n               Rúa Río Sil , 9                 

15010 A CORUÑA                                      15660 CAMBRE                                

Persoa responsable da convocatoria no teu IES: François e a Biblioteca.  

E se queres saber máis sobre o que é o MAIL ART, podes consultar en internet:

http://masdearte.com/movimientos/mail-art/

http://boek861.com/category/mail-art/