50 aniversario de Os soños na gaiola

O pase de diapositivas require JavaScript.

O pasado  xoves 21 de marzo, Día da Poesía, participamos xunto co CEIP Raquel Camacho e o  CEIP San Pedro de Visma nun acto promovido pola Casa-Museo Manuel María e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda co gallo dos 50 anos da primeira edición do libro de Manuel María , Os soños na gaiola

O alumnado amosou  no Centro Ágora distintos traballos baseados na música e no recitado poético que, sobre Os soños na gaiola de Manuel María, levan traballando nos últimos meses nas materias de Lingua Galega , Música e Plástica . 

Os soños na gaiola -Manuel María

cof

O pasado martes o alumnado de 1º ESO asistiú no auditorio do Ágora á representación por parte de Títeres Alakrán da obra  de Manuel María  Os soños na gaiola. Dentro dunha proposta que desenvolve a Asociación Alexandre Bóveda e a Casa-Museo Manuel María co gallo dos 50 anos da súa publicación.  

Screenshot_20181030-222707

Gala das Letras Galegas no Ágora e concurso videoanimación

O pasado xoves 12 de maio acudimos ao Ágora para participar nun recital con motivo das Letras Galegas , xunto con alumnos doutros institutos: IES Monelos, IES Monte das Moas, IES  ELviña , IES Rafael Dieste e  IES  Zalaeta ( estes institutos formamos o GRUPO DADO.) Ao chegar pasamos por un PhotoCall con lendas en galego.Os deixamos ó enlace a  unha pequena reseña da actividade no blog dos clubs de lectura das bibliotecas municipais.

A continuación  escoitamos ao grupo “Xardín Desordenado” , cos seus poemas musicados  de Manuel María , e logo foi a entrega de premios do concurso de videoanimación . Esta parte foi organizada e presentada polos alumnos do IES Zalaeta , xunto co seu profesor Antonio Frade.

O noso instituto participou no concurso presentando dous vídeos na categoría de vídeo grupal sin editar. As alumnas Nerea Rodríguez  e Sara Somoza de 1º B  presentaron o libro El asesinato de la profesora de Lengua   de Sierra i Fabra , Paula Liste e Carla Souto de 1º B , presentaron Chamádeme Simbad  de Francisco Castro.

  

 

Blog SUMA ÁGORA , Campaña Chiscadela a #Manuel María

 

 A pasada semana con motivo do Día das Letras Galegas  a Biblioteca do Ágora fixo  a campaña da  Chiscadela a #ManuelMaría que desenvolveu  dentro do  traballo de colaboración conxunto co CEIP María Barbeito para celebrar o día das #LetrasGalegas2016. Algúns membros da nosa comunidade educativa participaron nela  facendo unha chiscadela ao escritor chairego Manuel María .

Aquí tendes o enlace ás fotos.

Manuel María Letras Galegas 2016

Vídeo do programa “Desde Galicia para el mundo”  TVE,  dedicado a Manuel María.

mostra_letras_galegas_manuel_maria

 

Tamén vos deixamos un audio de  dous coñecidos poetas da escena musical galega Uxía e Magín Blanco, reinterpretan os versos de Manuel María nun proxecto común co  libro-disco Canta o cuco. Con  catorce cancións con letras  de Manuel María .

O audio é do Poema Dorna .

Os recursos de audio pertencen á Fundación Manuel María  

Algunhas portadas dos seus libros

O pase de diapositivas require JavaScript.