CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º ESO E ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

Despois de dúas reunións no Club de Lectura de 1º e 2º ESO falando de Sherezade e descubrindo o amor polos libros que nos transmite a lectura de Miña querida Sherezade e Conta nove estrelas, tivemos a sorte de poder compartir, por videoconferencia moitos sentimentos e curiosidades coa autora das nosas lecturas, Andrea Maceiras.

Convidounos a escoitar o son das estrelas e contounos que podemos atopar poesía na ciencia . Fermosas e interesantes as súas palabras.

Miña querida Sherezade no club de lectura

Este pasado luns tivemos a última sesión do Club de Lectura BABEL .

Fixemos unha análise do libro  Miña querida Sherezade  da escritora Andrea Maceiras e  ilustrado por Antonio Seijas. Este libro está baseado no conto orienta As  mil e unha noites.

   As mil e unha noites

 

Falamos de moitos temas que aborda o libro: a emigración dos galegos, o amor, a vida na aldea galega, a emancipación da muller, a guerra civil e a postguerra, e sobre todo o amor aos libros e á literatura. Gustounos moito a frase que dí Sherezade na páxina 106 do  libro “…este é o prezo da eternidade, ver que todos se marchan  e ter que seguir adiante”…

Resaltamos o amor polos libros e á súa lectura , pensamos nos libros que marcaron á  nosa vida e eleximos ao personaxe que máis gustounos.

Despois de ler esta historia tan fermosa ,non podemos facer outra cousa que non sexa ler de novo As mil e unha noites.

Ábrete sésamo !!!