Esta semana pasada tivemos no centro, e como non, na Biblioteca a visita de Amilton Fernandes, profesor en Mozambique que está levando a cabo un intercambio cun colexio concertado da cidade, pero quería coñecer tamén como se está a traballar nun instituto público.
Na Biblioteca falamos da CDU , do alumnado voluntario, dos clubs de lectura. Unha hora que non deu para moito pero él foise cheo de información e nós abraiados ca súa ilusión aínda que non teñan a penas medios.
oznor
oznor
cof
oznor
Logo, no Salón de Actos, ao alumnado de 4º ESO amosoulles fotos da súa escola en Mozambique , como traballan os nenos e contounos os proxectos de futuro que teñen .
O noso alumnado reflexionou da importancia da educación e dos medios materiais e humanos para levar a cabo unha educación de calidade.
Hai canta sorte temos e tanto que aprender dos demáis!