O QUE DIN DE CARVALHO CALERO

Como blog dunha biblioteca escolar, queremos amosarvos hoxe o que opinaba del o seu alumnado e a xuventude dos anos 80. Exerceu a docencia en Ferrol, en Lugo e en Santiago onde foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas. Inicialmente traballou en centros privados, represaliado tras a Guerra Civil, mais como exemplo de traballo, constancia e afouteza, acadou o seu posto no ensino público pasados os cincuenta e cinco anos.

Se hai algo que deixan claro os seus discentes e a xuventude que o tratou é a consideración dun nome necesario na historia da nosa cultura e a admiración que sentían e senten por el. Como Dores Cao, profesora de Lingua e Literatura, que nesa época ademais de estudante traballaba na libraría Couceiro e cando o viu entrar coa televisión que o estaba a gravar afastouse discretamente e el díxolle: “Póñase comigo, que aquí sempre estamos xuntos…” (vid. minuto 9:35).

O “vello profesor” sempre nos trataba de “vostede”, como manifesta Pilar Pallarés, alumna del, ex-profesora e poeta, autora de dúas escolmas poéticas de Carvalho Calero:

“Para min supuxo a descoberta de que a lingua dos pais, perseguida e humillada, tiña sido a dunha das grandes líricas da Idade Media, xunto coa árabe e coa occitana, e que me abría camiños que me levaban mui lonxe no espazo e no tempo. (…) Como profesor Carvalho era severo, irónico e erudito. Tíñamoslle moito respeito e quizais éramos novos e inexpertos demais para entender a súa ironía, mais non para enxergar a paixón na súa erudición. No meu caso, ao Carvalho profesor superponse o que tan xenerosamente nos tratou como colegas na derradeira década da súa vida. Carvalho é a lealdade, o antiegotismo, a lucidez, a perseverancia, a resiliencia, a alianza de paixón e esixencia crítica, a ecuanimidade. É un xigante sen o que a nosa lingua e a nosa literatura serían infinitamente máis precarias.

Rematamos co poema “Deus” de Carvalho Calero musicado por 2naFronteira

 

A LIBERDADE É UNHA LIBRARÍA

CAPA LIBRO JOAN MARGARIT

O Club de poesía recoñecerá o nome deste autor. O curso pasado, o profesor Emilio de Lingua Castelá, seleccionara para nós uns poemas del. 

O instituto Cervantes elixiu este verso de Joan Margarit, “La libertad es una librería”, para emmarcar a semana cervantina que culminará o Día do libro. Se entrades virtualmente na Caixa das Letras do instituto Cervantes veredes o legado que este autor depositou na súa, a 1019 (unha vez dentro, no segundo paso que dades, na parede da esquerda, teredes que cear para localizala, a primeira caixa dourada que está pegada ás sete en vertical é a do último premio Cervantes).

_joanmargarit_071e2289Do mesmo xeito que esas caixas gardan o legado de persoeiros das letras, do cine, da arte, da música, da danza, do teatro ou da ciencia, nas librarías gárdase a liberdade, tan preciada neste único día en que vivimos, como ben di o voso profesor de Filosofía Lalo.

E mentres non abran as nosas librarías de barrio para achegármonos aos novos títulos e levalos para ler, aquí tedes algunhas recomendacións, a modo de boletín de abril, de editoriais e librarías virtuais que xenerosamente nos deixan adentrarnos no seu espazo para sermos libres.

GaliciaLe. Plataforma do libro electrónico da biblioteca públicas galegas onde atoparás obras en formato dixital de temáticas diversas (ficción, informática, historia, lecer etc.) . Permite rexistrarse sen carné da biblioteca durante o estado de alarma polo COVID-19

Biblioteca virtual Miguel de Cervantes. Acceso de balde aos títulos da biblioteca virtual, nos seus portais de literatura española, americana, letras galegas…

Biblioteca Virtual da Real Academia Galega. Biblioteca da R.G dedicada a autoras e autores galegos.

Proyecto Gutenberg. Permite o acceso á máis de 40.000 títulos de libros de dominio público libres de dereitos.

Bivir: Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego. Biblioteca sobre literatura universal en galego impulsada pola Asociación de Tradutores Galegos ( ATG).

Páxina Lg-3 de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Con 72 títutlos á vosa disposición.

Biblioteca nacional. Ten un portal libre e gratuito dos documentos dixitalizados da biblioteca.

As bibliotecas municipais da Coruña tamén nos informan de como usar a biblioteca do barrio desde a casa.

Libro Total: literatura clásica e non tan clásica en formato dixital. Inclúe audio-libros, guías de lectura, comentarios, fotografías….

Bubok. É unha web onde os autores poden autopublicar o seu libro e polo a disposición dos lectores. Algúns son gratuítos. Conta con títulos en galego.

Feedbooks. No apartado de Dominio público ofrece libros libres de dereitos e orixinais gratuítos.

A través do cancelo #keepreadingencasa o Grupo Planeta pon á nosa disposición actividades e recursos: directos, recitais,consellos, lecturas, fragmentos, poesía, láminas, xogos, etc.

Roca Editorial ofrece un extenso listado de libros electrónicos gratis para ler na casa mientras dure a corentena.

E se aínda tedes alma de nena e de neno, ou para os fedelliños da casa non deixedes de visitar: 

BAÍA EDICIÓNS: acceso gratuíto a contos por idades.

KALANDRAKA TV: un conto contado cada día (hainos en castelán e en galego).

CONSORCIO EDITORIAL: permite o acceso libre á lectura de varios exemplares do seu cómic O Papagaio.

BRUÑO: acceso gratuíto a varios libros.

XERAIS: acceso gratuíto a varios contos de distinto nivel.

PANDEMIA DE CONTOS: vídeo-contos para diferentes idades (infantil, familiar e adulto) do colectivo NOGA, narración oral galega.

CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE: relatos infantís lidos polo colectivo Biblos Clube de Lectura. Biblos Clube de Lectura propón a lectura dun conto despois de rematar cos aplausos a todas as persoas que están axudando de maneira máis directa neste momento de coronavirus. Como os aplausos son ás oito, ofrécennos “contos para despois das oito e vinte” para que nos dea tempo a ter rematado de aplaudir, lavar as mans e sentar a escoitar unha historia para despois cearmos con tranquilidade.

Dámoslles as grazas e o noso aplauso a todas estas iniciativas, aos libreiros e ás libreiras,  por achegárnos a liberdade. E que mellor música de fondo que estoutra liberdade de Aute

 

 

Música e poesía con Luisa Villalta

 “Cidade tatuada na pétrea pel do mar”. Tomando como base as palabras de Luisa Villalta en En concreto, o noso compañeiro e profesor de latín , Xurxo Souto,  fixo un percorrido ó longo da historia onde se  ve a comuñón entre a música  e a poesía . 

O pase de diapositivas require JavaScript.

En concreto , editado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a AELG , realizado por Mercedes Queixas en 2017, textos de Luisa Villalta , propiedade de Pilar García Negro, Francisco e Ana Pillado.