17 DE MAIO DE 2020. CARVALHO CALERO NA INTERNET

unha-pintada-demandando-as-letras-para-carvalho-calero-feita-en-lugo-polo-cs-madia-leva

Pintada en Lugo

            imaxe agal xunta

E por fin chegou o Día tan agardado, tan precisado. E malia vivirmos nun período de estado de alerta e de confinamento pola CoviD-19, a nosa compañeira Ana Piñón expresou claramente nesta colaxe cal tería sido a postura de don Ricardo Carvalho Calero: a de desconfinar a lingua como nos convidan desde as bibliotecas municipais da Coruña. Velaí o tedes coa súa obra biblográfica cara ao mundo, celebrando a festa da Lingua na súa ventá, coas contras abertas de par en par, universalizando a súa terra e o seu idioma.

Ana Piñón Vales colaxe (1)

Non esquecemos que hoxe celebramos tamén o Día mundial da Internet. Unímonos á mensaxe que sempre por esta data nos lembra tecnoloxía.org,

dÍA DA INTERNET ESPALLANDO O GAL POLAS ONDAS

e deixámosvos algunhas ligazóns de interese para coñecerdes un pouco máis a figura deste filólogo imprescindible para a Lingua e a Literatura.

Se queredes poñerlle música de fondo

Páxina Carvalho Calero 2020.

Páxina da RAG  se premedes nas ligazóns teredes máis:

Primavera das Letras, web das Letras Galegas da Academia para o público infantil

Conto, música e unidade didáctica ‘As pitas baixo a choiva’

Recurso educativos do Seminario Galán

As Letras Galegas 2020 no Diario Cultural da Radio Galega

Especial do Día das Letras Galegas 2020 da Biblioteca Virtual Galega

Don Ricardo de Fingoi – Carballo Calero en Lugo

Carballo Calero no centro de documentación de autores da AELG

Espazo das Letras Galegas 2020 do Consello da Cultura Galega

Páxina da Asociación Pedagóxica do Profesorado Galego .

Páxina do Consello da Culatura Galega.

Obras de catro estudosos sobre a figura de Carvalho Calero.

Manifesto 17 de maio de 2020. Carta aberta a Ricardo Carvalho Calero de Pilar García Negro.

Series e programas da TVG.

Recursos didácticos.

Exposición virtual recursos web sobre Carvalho Calero.

O portal da lingua. Actividades dos EDLG dos centros de ensino.

Máis recursos web e actividades da bibliotecas escolares de Galicia.

Palabras dun Carvalho represaliado no interior.

Como pudemos
Viver? Os olhos múltiplos insones
de Medusa fixos em nós à espreita.
As bocas das metralhetas
apontando-nos. A censura
postal –fatídico agoireiro–
lendo as nossas entranhas.
Os sacristaos passando lista
às portas das igrejas. Nos cafés,
os contertúlios anotando
as nossas reacçons perante
as notícias do rádio.
Clitemnestra na cama.
Na escola, os nossos filhos aprendendo
a condenar-nos, a
desprezar-nos, a
denunciar-nos, a falarem a língua
com que insultados fomos e julgados

Palabras aínda vixentes hoxe en día dun Carvalho Calero filólogo

 

CARVALHO CALERO NO CLUB DE POESÍA

O máis íntimo da miña personalidade está reflexado na poesía

Creio que, efectivamente, o mais íntimo da miña personalidade está reflexado na poesia

Conversas en Compostela con Carballo Calero . M.A. Fernán Vello/ F. Pillado Mayor.

E desde ben neno Ricardo Carvalho Calero xa escribía poemas, mais tamén pequenas pezas dramáticas, zarzuelas e óperas.

Non amo moito a poesía . Amo-a
como o retrato dunha muller querida
cando non tenho a muller pe de min .
Se tivese a muller
esqueceria o retrato.

Poesía retrato
¿de qué ? ¿Felicidade,
Deus, vida, ben, sosego ?

Mais o pobre que sonha coa riqueza
¿cómo non amará un pouco
os contos de tesouros ?

Do volume Pretérito imperfeito
no libro Aneis de agua, 1961

O tamén profesor ferrolán e escritor Henrique Dacosta, en Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético, cóntanos que “o Carvalho poeta era capaz de ser implacábel consigo mesmo como creador artístico. E mentres que no seu papel de crítico literario sempre chegou a atixir un enorme grao de benevolencia cos autores obxecto do seu estudo, contrariamente a isto, a exixencia que se autoimpuña co que lle era propio resultaba dunha enorme severidade.”

A maior parte desta poesia
é hipocrisia.
Nom quer nada dizer e nada di.
Se algo quiger dizer, algo diria.
Quer somente fingir que nom fingia
oferecendo enganos para ti,
que finges crer que é verdade
a mensagem que te envia,
e finges que tés saudade
da saudade que exprimia
alguém que nom a sentia,
mas que se enganava assi,
cúmplice da tua porfia
de enganar a ti e a si.
A ti fingindo entender.
A si fingindo saber
o que queria dizer,
ainda que nom o sabes;
pretendendo ter as chaves
para abrir
o que nunca se fechou,
porque nunca tivo portas,
e aquelas palavras mortas
ajuntavam-se ao achou,
nom por santa inspiraçom,
nem por subconsciente graça:
por rotineira trapaça
e vazia pretensom.
Assi, é feita desta arte,
com notória hipocrisia,
a maior parte
desta poesia.

(Reticências, 1990)

Acaso non vos lembran os versos de Pessoa que xa vimos no club “O poeta é um fingidor“?

VERDADEIRO POETA FOI. NOM ESCREVEU
para os poetas. Cantou
para os homes. Aqueles,
monstruosamente desumanos,
nom o admitirom nos seus coros,
porque desentoava
a sua clara voz
da balbúrdia a maotenta
que eles obscuramente articulavam.
A poesía é demasiado séria
para que se administre
tecnocraticamente.
Mas eles nom pensavam assi. Criam
num corporativismo autoritário.
Quanto aos homes, nom lêem
as revistas, os livros de poesía.
Mais ouvirom alguns
aquela voz, e crerom
que era a sua própria:
assi que lhe prestarom atençom,
porque nada interessa tanto a um
como um mesmo. E ficarom admirados
do bem que se exprimiam.
Este foi o destino do poeta
verdadeiro. Os seus colegas
o seu nome apagarom
no escalafom que editam
profissionalmente. El nom estava sindicado.
Os homes que o escuitarom
e crerom escuitar-se,
tamem nom conhecerom o seu nome,
naturalmente, o nome del.
Excomungado, anonimo,
viveu, morreu. Já somente eu o lembro.
Poeta verdadeiro.

(Reticências, 1990)

E para rematar gozade co poema “Maria silêncio” musicado por A Minha Embala e gañador do concurso Musicando Carvalho Calero, organizado pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) e Komunikando.

POR QUE O 17 DE MAIO?

Información tirada da páxina da RAG:

(…) coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas (…)

1º CARTEL DO DÍA DAS LETRAS
Primeiro cartel Día das Letras

4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. (…).

5º.- Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido, que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio contemporáneo das Letras galegas.

De seguro que Carvalho Calero opinaría o mesmo se estiver alí. A súa admiración pola autora deixouna patente nos seus versos. O primeiro poema data de 1935.

Madrigal a Rosalía

A ti, sombra perdida, esprito pervagante,
que entre néboas de alén andas errante.
A ti, clara voz morta, ollos feridos,
pazo esquecido, outono
lonjano, chúvia
aceda de lecer, sibila
chorosa; a ti, que tes
o corazón de lua traspasado,
nas mans tremor de maina bris que ri,
as fazulas aradas pola dor
-oh estadea de bágoas sen fine na fronte un fantasma aluarado:
a ti,
de min,
aos pes,
a fIor
dun siléncio ajoellado.

Rosalía

Foches unha mociña, viva chama,
que se queimóu no lume decotío.
Como a Brunilda, arrodeóute un valo
de herdados fogos, língoas de outro esprito.
Ningún Sigfrido liberóute. Virxe,
a ti mesma aluméacheste Sigfrido.
E saíches da Islandia do teu sono,
pra unha Worms sen coroa e sen marido.
Pura, no teu castelo solitario
ollache o ceo, enxergache o abismo,
veados os retratos familiares,
as cartas sen abrir, pechos os libros.
Como unha nube, pois, como unha brétema,
como un arcanxo ou como un asubío,
chegóu a ti o Segredo, unha aza branca
e outra moura. Dixécheslle: «Benvido».
Ninguén cho presentóu. Ti o percuraches.
O que dos outros tiñas deprendido,
esquecido ficóu. SÓ xa o diálogo
co enigmático Hóspede sostido.

 

Rosalía. Cantares… Dedicado a Fernán Caballero pseudónimo da escritora Cecilia Böhl de Faber. Mulleres. Cancións.

Onte comezamos cun vídeo musical e hoxe tamén rematamos con música e no fondo da letra outra muller que brillou con luz dourada na nosa literatura e que nos deixou en abril. Homenaxe do noso compañeiro César Morán a Luz Pozo Garza, unha das académicas que defenderon a candidatura de Carvalho Calero para dedicarlle o Día das Letras este ano.

Quando todo se passe
encheremos de novo
as amplas avenidas
e o boulevard dos sonhos.

Faremos da preguiça
a mais leda aventura,
do sossego e a calma
olhadas de futuro.

Quando todo isto passe
abrolharão as fontes
e beberão os ventos
nas águas torrenciais.

Bem sei que esse retorno
não vai ser tão assim tão de repente.
E sei que o teu abraço
vai ficar por um tempo sequestrado.

Mas em tanto não chega
sonharei que me atrevo a resgatar
a palavra proibida,
que cruzarei a linha
de um horizonte ingrávido,
que a rafega de vento
nos levará da mão até as estrelas.

Quando os dias passarem
e os aromas se instaurem
na distância de ar que nos limita,
eu sei que ficaremos espidos ante o nada,
na procura de um sopro, na esperança do insólito,
na busca do tesouro que se encontra
nessa lua dourada.

(30-03-2020)

“ABRIL E MAIO SON AS CHAVES DO ANO”

O noso refraneiro, coma sempre, anda ben atinado xa que seguimos coa celebración do libro, eixos centrais da biblioteca. Mais desta volta centrámonos no libro en galego e na figura homenaxeada pola Real Academia Galega, o filólogo e profesor “ferrolá” (como din os departamentais) Ricardo Carvalho Calero. Sobre a súa figura iremos achegando información nestes días.

Pero imos adubiar este maio con algo de música. E que mellor que o poema “O maio” de Curros Enríquez, non si? Un chamamento a unha primavera de liberdade e xustiza na solidariedade de voces novas da nosa música: Pablo Lesuit, Faia Díaz, Narci Rodríguez, Najla Shami, Eladio Santos, Belem Tajes, Nastasia Zürcher, Leo Burke, Brais Morán, Yhadira, Xiana Lastra, Su Garrido e High Paw.

E coa mesma solidariedade coa que fixemos os vídeos cos libros nas ventás, gustarianos agora que nos amosásedes o voso libro especial escrito en galego. Elixide a modalidade da foto: só o libro, vós con el, acompañado dalgunha das vosas creacións artísticas (debuxo, palabra, versos, colaxe…) Ou tamén podedes poñer a capa do libro tapando só a zona da boca, simbolizando que el é a nosa mensaxe, a nosa voz. Se empregades este último modelo podedes participar tamén na actividade que ofrecen as bibliotecas municipais da Coruña, protagonistas desta idea. Achegámosvos a información:

Vimos dun tempo estraño e difícil, dunha pausa forzosa nas nosas vidas, confinados e confinadas do tacto e da conversa directa. Este confinamento afastounos de moitas cousas, mais estamos a comezar un tempo novo. Nesta nova normalidade hai unha ferramenta humilde e simple que nos acompaña: as máscaras. Que cobren a nosa faciana hoxe para abrir horizontes abertos mañá. Tamén así os libros, a música, o pensamento, a palabra oral e escrita, nos achegan mundos, propostas, escenarios, realidades que amplían as nosas propias vidas. Este 17 de maio tapamos a boca coas máscaras diversas da creación en galego xustamente para desconfinar a lingua, para abrir, cara nós e cara as demais, a xanela grande de todo o que ofrece o idioma.

– Desconfinar a lingua é descubrir toda a creación que se pode desfrutar en galego.

– Desconfinar a lingua é, con Carvalho Calero, aproveitarmos o vínculo directo de galego e portugués para sentir un mundo de contidos e posibilidades.

– Desconfinar a lingua é ir máis alá do coñecido e poñer o foco na creación máis viva e contemporánea.

– Desconfinar a lingua é coñecela, poder usala, vivila con normalidade e sen filtros, en todos os ámbitos e situacións.

– Desconfinar a lingua é mostrar a nosa cara este 17 de maio nas redes, con libros, discos, publicacións, filmes… na nosa lingua, como xeito de os mostrar, recomendar e dar a coñecer.

Como participar?

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña (BMC) pedímosche que te sumes á campaña que se desenvolverá do 11 ao 17 de maio empregando o cancelo #DesconfinarALingua cunha imaxe na que tapamos a boca coas máscaras diversas da creación en galego xustamente para desconfinar a lingua, para abrir, cara nós e cara as demais, a xanela grande de todo o que ofrece o idioma.

Con todas elas as BMC elaborarán unha guía de lectura á que teredes acceso desde a nosa páxina web.

Xa sabedes, todas as imaxes que nos acheguedes desconfinando a Lingua farémosllelas chegar ás BMC.

E como non, tamén podedes mandarnos os vosos caligramas tendo como protagonista a Carvalho Calero, ou os vosos acrósticos xogando coas letras do seu nome. Agardamos en bibliotecaagra@gmail.com as vosas fotos que iremos subindo no instagrampara logo publicalas no blog nun só vídeo.

logo bescolaresgal carvalho

 

ENTROIDO “ANOS 70”

Curso 1969-1970, inauguración do IES Agra do Orzán. Estamos de 50º aniversario e quixemos celebralo tamén no Entroido. Adiviñades cal foi o eixo temático?

Velaí as imaxes que desde o equipo da Biblioteca puidemos recoller. Se tedes algunha máis, mandádenola que a engadiremos a este pequeno álbum.

Parabéns aos cursos gañadores, mais sen dúbida, ese día o premio foi para toda a comunidade educativa que se volcou na celebración da festa.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Con voz de primavera

A asociación de veciñas e veciños da Agra do Orzán convidou o instituto a participar no I festival Con voz de primavera. O resultado desta colaboración foi unha tarde poética, musical, ilustrada, familiar… Tivemos o luxo de compartir versos e escenario do Ágora con Aldaolado. Deixámosvos coas imaxes e coas voces do noso valente e profesional alumnado protagonista:

 Podedes ver as fotos nesta ligazón 

“O festival gustoume moito. Unha experiencia preciosa xunto a xente xenial e encantoume ver algún talento dos meus profesores e compañeiros. Quedei abraiada, gustoume moito presentar e tamén me emocionei co vídeo de Matriarcas do IES Agra. En xeral unha experiencia extraordinaria. Grazas por confiar en nós e darnos a oportunidade de saír ao escenario. Moi contenta de compartir o meu tempo convosco.” (María Estévez)

“Sentinme moi ben, pero a verdade é que tiña máis nervios dos que normalmente teño porque no ensaio xeral me equivoquei moito. A sorte que tiven foi o honor de ler dous poemas e que as autoras (Lucía Aldao e María Lado) puidesen sentirme. 

En conclusión: foi unha experiencia preciosa. Repetiría sen dubidalo.” (Yammila Barceló) 

“Para min significou unha fermosa experiencia e tempo para aprender máis, coñecer talentos ocultos dos meus compañeiros e profes. Gustoume moito presentar, significou moito para min que confiasen en nós para presentar o festival. Emocioneime moito cando leron o poema escrito polo director, Diego, para as nais. Púxenme a chorar. O vídeo de Matriarcas do IES Agra e o rap cantado por Diego Cayazzo foron dos mellores momentos. Temos que facer máis cousas como estas. Pasámolo xenial. Coñecémonos todos moito mellor. Foi incrible!!” (Romina Maquiel)

“Encantoume ir ver o festival. O piano acompañando o recitado dos poema pareceume fundamental. Dáballe forza, tenrura. 

Estivo todo espectacular. Sentín conexión cos profes e cos alumnos. Tería que facerse moitísimas máis veces. 

O vídeo de Matriarcas do IES Agra e o poema de Diego emocionáronme”. 

“Sentinme moi nerviosa cando me tocou recitar, pero o pasei moi ben vendo as actuacións dos demais e quedou todo moi fermoso e emotivo. Foi unha boa experiencia.”

“A pesar de que no momento do recital estivese nerviosa, acabei pasándoo moi ben. Oxalá se repita este evento xa que foi unha experiencia moi fermosa tanto para min como para os/as demais compañeiros e compañeiras.

Tamén teño unha petición para o ano que vén, que se engadan actuacións máis variadas: teatro, baile, animación…”

“A miña sensación ao principio eran nervios e vergonza, porque non quería facelo mal, mais unha vez que o fixen, xa estaba máis tranquila.

O festival na miña opinión foi moi fermoso e quedou moi ben, ademais preparalo foi moi divertido e entretido.”