Onte tivemos a oportunidade de comentar o libro de Care Santos, Mentira.
A historia é unha montaña de rusa de sentimentos e emocións. Relacionarse por internet ten unhas consecuencias que hai que asumir con responsabilidade.
A autora trata moitos temas na obra: relacións familiares, amor, amizade, marxinalidade, drogas, perigos de internet … e tamén como a literaura pode transformar e axudarnos na nosa vida. Puxémonos no papel dos protagonistas e imaxinámonos como sería agora a súa vida.
A maioría dos membros do club de lectura dixeron que este libro Mentira atrapoulles e foi un dos máis importantes da súa vida. Moi recomendable !