Un ano máis fixemos un intercambio co Istituto di Istruzione Superiore Benedetti Tommaseo (Castello, Venecia) xunto co IES Monte das Moas. Este curso o intercambio foi en torno ao Club de Lectura e a Biblioteca. Os alumnos galegos leron O segredo de Marco Polo de Francisco Castro ambientado en Venecia, e os alumnos italianos leron Trece campanadas de Suso de Toro, ambientado en Compostela. Un dos días da estancia en A Coruña fomos á Cidade Vella e a Santiago de Compostela e Fisterra , nesta ligazón veredes un PowerPoint desa actividade.
Os alumnos italianos traballaron na Biblioteca do Ágora dentro da proposta “Ma come é bello vivere alla Corogna!”. A biblioteca do Ágora compartiu connosco a crónica das xornadas nesta ligazón, así como tamén unha selección de fotos que subiron ao seu perfil en flickr:
– Post no blog Suma Ágora: https://sumagora.wordpress.com/2016/04/20/ma-come-e-bello-vivere-alla-corogna/
– Selección de fotos en flickr: http://bit.ly/1TRvpBO
ARRIVEDERCI!