TEMPO DE CABAZAS E DE FELIZ IDADE

E comezamos pola Feliz Idade. Porque este pasado xoves a autora galega Olga Novo gañou o Premio Nacional de Poesía 2020 coa obra Feliz Idade. Premio máis que merecido logo de levar galardóns como o mellor libro de poesía do ano na Gala do Libro Galego.

Neste poemario autobiográfico Olga entrecruza dúas vidas que marcan a dela mesma: a vida chea de futuro da filla que lle nace e a vida noutrora sabia, rexa, agora caduca do alzhéimer pero presente “mentres a herba medre” do pai que esmorece.

Tedes este título na biblioteca agardando pola vosa lectura.

E se falamos de caducidade , non podemos deixar de nomear o outono e con el os magostos, o tempo de cabazas, de Samaín, de difuntos

Este ano queremos encher a Rede cos vosos relatos de medo e coas vosas cabazas virtuais. Mandádenos as vosas creacións dixitais (ou enviádenos a foto desa cabaza confeccionada por vós na casa) ao correo da biblioteca: bibliotecaagra@gmail.com e nós encargarémonos de subilas ás nosas redes sociais.

Gozade da poesía neste outono