Arquivo por etiquetas: PLAMBE
Mercamos material e equipamento novo grazas ao PLAMBE
Galería

Esta galería contén 7 fotos.
Día da Biblioteca
Hoxe estamos de dobre celebración , por unha banda é o Día da Biblioteca e por outra é que xa formamos parte do Plan de Mellora de Bibliotecas. Isto é froito do traballo destes anos, pero aínda nos queda moito que facer para acadar a Biblioteca que desexamos. Isto suporá un gran pulo, tanto para a adquisición de novos fondos, como no futuro equipamento, que facilitará un mellor desenvolvemento das actividades de fomento da lectura, de busca de información e de dinamización de toda a comunidade educativa.
Para celebrar o Día da Biblioteca levouse a cabo, nos dous recreos, un taller de papiroflexia impartido polo profesor de CC. Sociais e membro do equipo da Biblioteca, Pablo González, acompañado pola profesora Clara Suárez de Ed. Plástica e Benjamín Sande de Matemáticas. Foi todo un éxito¡
Fíxose tamén entrega dos diplomas acreditativos como voluntarios para o alumnado axudante do pasado curso.