Os poetas da experiencia no Club de Poesía

O noso compañeiro, poeta  e profesor de Lingua Castelá, Emilio Salgado, recitounos uns poemas de Joan Margarit e de Luis García Montero, que forman parte da chamada poesía da experiencia. Trátase dunha poesía máis cotiá, levadeira e inmediata, na que calquera pode sentirse identificado. Este tipo de escritura baséase na idea de que a poesía non hai que entendela, hai que sentila e que non podemos escribir de forma diferente a como vivimos.

Presentounos un dos seus Álbumes de micropoemas  sobre fotografías curiosas  da súa familia. 

Convidounos a ler e escribir poesía sobre o que nos pasa e interesa na vida.