Club de Lectura de Poesía. Liberté

No Club de Poesía, o noso compañeiro e profesor  de francés,  François Davo falounos de Paul Eluard e o seu poema Liberté na colección clandestian Poésie et verité escrita en 1942, na época da Francia ocupada polos nazis.

Eluard, fichado como home a batir pola Gestapo, vivía agochado e entregou o manoscrito á súa dona para que o trasladase aos impresores que colaboraban coa resistencia. Ela xogaba a vida: agochou a cuartilla coas estrofas nunha caixa de bombóns e trasladou os versos de combate á imprenta. En 1942 milleiros de copias de Liberté foron lanzadas en paracaídas sobre París por aviones ingleses. 

Logo de ler os poemas, a rapazada escribiu aqueles que máis lles gustaron,  en avións  de papel,  simulando o mesmo que fixo a aviación británica en 1942, espallando  copias sobre  a aula ocupada.