Arquivo por etiquetas: Poesía
DÍA DA POESÍA 2020
Quedamos na casa, si, e quedaremos o tempo que sexa preciso. Mais hoxe queremos encher de liberdade os fogares coa poesía, ese “gran milagre do mundo”.
LUIS PIMENTEL
A POESÍA É O GRAN MILAGRE DO MUNDO
Insinareiche sin berros.
O poeta é un mestre sin ira.
Levareite ó meu reino,
onde te agarda
a bandeira da espranza.
Non che amostraréi aquéla
triste, abatida sobre o mastro,
solitaria baixo unha chuvia cincenta.
Estou arrepentido de pensar
que o máis brosmo e brután dos homes
non poida descalzarse
pra entrar no noso reino.
(¡A poesía é o gran milagre do mundo!)
Eu farei que olles a través das túas maos toscas
a luz da túa sangre.
Puliremos a túa frente de seixo
hasta case facela lúa.
Non che farei erguer pesadas pedras,
nin subir o monte máis alto
onde cravada está
a bandeira do meu verso,
nin soster cos teus hombros as noites.
Todo esto xa o ten feito o poeta
por ti, pra ti e máis pra o mundo.
Eu asegúroche que quedarás enviso
fitando prás estrelas.
O xoto palpexar das túas maos
chegará a conocer as rosas invisibles na noite.
Sentirás o borboriño da propia sangre
i o silencio que todos levamos
cando digas:
os seos da miña amada…
Quedarás deslumbrado pola súa luz,
baixo da sombra verde no bosque.
(¡A poesía é o gran milagre do mundo!)
Faremos música do teu vocerío.
Eiquí estamos coa túa lingoaxe vulgar.
Nomearás calquera cousa
–árbol, cabalo, pedra…–
e veralos nacer coa súa vida máis íntima,
cos seus contornos máis puros.
Olla esa formiga,
ise argueiro mouro…
¿Que delicados dedos de alfareiro
puideron modelar tan pequechiño corazón,
que latexa agora baixo dos altos árboles?
¿Non te decatas de que se moveu o silencio?
É esa noitarega
que nesgou o bosque:
doces, xordas plumas,
abanador da noite.
Sombra do aire na herba, 1959.
Facédelle un oco aos versos e deixádeos voar pola casa. Lédeos, recitádeos de memoria para vós, para a familia, para a veciña do balcón… GOZADE COA POESÍA.
Con voz de primavera
A asociación de veciñas e veciños da Agra do Orzán convidou o instituto a participar no I festival Con voz de primavera. O resultado desta colaboración foi unha tarde poética, musical, ilustrada, familiar… Tivemos o luxo de compartir versos e escenario do Ágora con Aldaolado. Deixámosvos coas imaxes e coas voces do noso valente e profesional alumnado protagonista:
Podedes ver as fotos nesta ligazón
“O festival gustoume moito. Unha experiencia preciosa xunto a xente xenial e encantoume ver algún talento dos meus profesores e compañeiros. Quedei abraiada, gustoume moito presentar e tamén me emocionei co vídeo de Matriarcas do IES Agra. En xeral unha experiencia extraordinaria. Grazas por confiar en nós e darnos a oportunidade de saír ao escenario. Moi contenta de compartir o meu tempo convosco.” (María Estévez)
“Sentinme moi ben, pero a verdade é que tiña máis nervios dos que normalmente teño porque no ensaio xeral me equivoquei moito. A sorte que tiven foi o honor de ler dous poemas e que as autoras (Lucía Aldao e María Lado) puidesen sentirme.
En conclusión: foi unha experiencia preciosa. Repetiría sen dubidalo.” (Yammila Barceló)
“Para min significou unha fermosa experiencia e tempo para aprender máis, coñecer talentos ocultos dos meus compañeiros e profes. Gustoume moito presentar, significou moito para min que confiasen en nós para presentar o festival. Emocioneime moito cando leron o poema escrito polo director, Diego, para as nais. Púxenme a chorar. O vídeo de Matriarcas do IES Agra e o rap cantado por Diego Cayazzo foron dos mellores momentos. Temos que facer máis cousas como estas. Pasámolo xenial. Coñecémonos todos moito mellor. Foi incrible!!” (Romina Maquiel)
“Encantoume ir ver o festival. O piano acompañando o recitado dos poema pareceume fundamental. Dáballe forza, tenrura.
Estivo todo espectacular. Sentín conexión cos profes e cos alumnos. Tería que facerse moitísimas máis veces.
O vídeo de Matriarcas do IES Agra e o poema de Diego emocionáronme”.
“Sentinme moi nerviosa cando me tocou recitar, pero o pasei moi ben vendo as actuacións dos demais e quedou todo moi fermoso e emotivo. Foi unha boa experiencia.”
“A pesar de que no momento do recital estivese nerviosa, acabei pasándoo moi ben. Oxalá se repita este evento xa que foi unha experiencia moi fermosa tanto para min como para os/as demais compañeiros e compañeiras.
Tamén teño unha petición para o ano que vén, que se engadan actuacións máis variadas: teatro, baile, animación…”
“A miña sensación ao principio eran nervios e vergonza, porque non quería facelo mal, mais unha vez que o fixen, xa estaba máis tranquila.
O festival na miña opinión foi moi fermoso e quedou moi ben, ademais preparalo foi moi divertido e entretido.”
Encontro coa poesía de Carlos Negro
Imaxe
Obradoiro “Maldigo a poesía” na Biblioteca Ágora
Este pasado venres o alumnado de 1º BAC -A participou nun obradorio de poesía impartido por Alex e Marijin na Biblioteca Ágora. Relacionaron a poesía e a música e logo crearon os seus poemas. A actividade foi moi enriquecedora para o alumnado.
Grazas a Alex e Marijin e a Biblioteca Ágora.
“Maldigo a poesía” . Obradoiro na Biblioteca Ágora
O pasado luns o alumnado de 1º BAC-B participó nun obradoiro de poesía, na Biblioteca Ágora denominado”Maldigo a poesía”.
O Obradoiro tiña como obxectivo que o alumnado sentise a curiosidade pola lectura, transmitíndolles de forma próxima e mediante elementos reconocibles e atractivos os beneficios e posibilidades que se atopan na poesía e a música.
Comezaron co visionado dun videoclip para posteriormente iniciar un diálogo sobre música, falando dos diferentes xéneros que existen e os gustos do alumnado, relacionándolos coa poesía . Logo disto leron varios versos, algúns de poetas clásicos e contemporáneos e outros de artistas musicais, todo o grupo, en consenso, debería adiviñar se tratábase dun poema ou dunha canción.
Pasaron despois a un xogo no que leron algúns poemas e despois de poñer varias instrumentais tiñan que dicir cal cren que é a máis apropiada para cada texto e xustificalo.
A última parte da sesión consistiú en que o alumnado creou os seus propios poemas.
A poesía e a dor
Hoxe no Club de Lectura de Poesía falamos da SIDA sentindo os poemas de Xela Arias, Lois Pereiro e Gil de Biedma, mentras saboreábamos a dozura dunhas uvas. Despois de Nadal partillaremos acrósticos sobre a SIDA en positivo.
Rematamos escoitando “Comiéndote a besos” de Rozalén.
Partillando poesía
En ocasiones hay fantasmas que nos atormentan, una lucha continua por no caer en el pozo, un esfuerzo por no abandonarnos y seguir adelante aprendiendo de nuevo a disfrutar de “el sol en la cara” para todos aquellos que en algún momento han tenido una “mala sombra” agriando sus horas.
MALA SOMBRA
Una sombra me atormenta, me persigue
intento esquivarla pero insiste
siempre al acecho, no me abandona
cuando disfruto, de repente asoma
da igual lo que haga
lo que luche o grite
que me rinda o me calle
cualquier excusa le sirve
para presentarse y angustiarme
Mala sombra que me atas
y mi vida lastras,
que mi voluntad frenas
y mi verbo atenazas.
Mala sombra, que quemas
no solo mis entrañas
sino que también abrasas
mis ideas y mi alma.
Oscureces mi futuro,
entristeces mi camino,
ensombreces mi destino.
Mala sombra que me rondas
y me robas alegrías y las ganas,
que me agobias y perturbas
hasta las horas más tranquilas,
desaparece, vete! ¿por qué no marchas?
Mala sombra, fantasma
algún día conseguiré
olvidarte y perderte
algún día lograré… vencerte.
Lucharé, gritaré, pelearé,
jamás me rendiré,
pues algún día, al despertar
ya no estarás,
y volveré a caminar
sin mirar atrás
y volveré a sonreír
sin fingir
y volveré… a vivir.
D.T.L.