Concerto de guitarra

Concerto do guitarrista arxentino  Augusto Gabriel Ayala , dentro do Encontro Internacional de música de pulso e púa. Organizado por Pórtico das Artes en colaboración co Concello de  A Coruña e  a Deputación.

Asistiron o alumnado de 2º ESO  e 4º ESO  na materia de Música. Como curiosidade salientar que Augusto tocou unha guitarra de 8 cordas. Tivemos  a sorte  de escoitar tangos moi coñecidos de Carlos Gardel entre outras pezas.