Máis premios literarios para mulleres galegas

marilar-aleixandre-AELG

Marilar Aleixandre escritora e membro da Real Academia Galegagaña o Premio Raíña Lupa ca súa obra A filla do minotauro. Convértese na primeira muller en ser recoñecida neste certame de literatura infantil e xuvenil. A obra, destaca o xurado, é “unha relectura moi actual da mitoloxía grega cunha gran sensibilidade co patrimonio cultural”.

O outro texto finalista, arredor do acoso escolar, é Como bágoas de dragón de Andrea Maceiras, cuxa publicación recomenda o xurado.

Carlos Casares, Letras galegas 2017

Nado en 1941 na cidade de Ourense, Carlos Casares marchou a vivir con só tres anos a Xinzo de Limia, a vila da que seu pai era natural, e onde este exerceu como mestre durante décadas. A comarca da Limia deixou unha importante pegada na súa vida, reflectida na súa obra literaria.

Podedes ler a súa biografia neste enlace á Real Academia Galega.  

Tamén vos deixamos o proxecto didáctico  Primavera das Letras  da Real Academia Galega.

 Video da obra O Principiño na Facultade de Traducción e Interpreatción da Universidade de Vigo en colaboracion coa Función Carlos Casares.  

http://tv.uvigo.es/es/video/mm/30976.html

XOSÉ NEIRA VILAS 1928-2015

Escritor galego nado en Gres (Pontevedra) en 1928, non seo dunha familia campesiña, pasou a nenez e adolescencia na súa aldea natal compaxinando a escola coas labores agrícolas. Emigra moi xoven a Arxentina e a Cuba. As súas vivenzas infantís son a base material das súas historias. Unha das obras máis lídas e traducida a outras linguas (traduciuse a 15 idiomas e o verán pasado levaba 600.000 exemplares vendidos) é Memorias dun neno labrego (1961). Outras da mesma temática son  Cartas a Lelo (1971) e AqueleNEIRA VILASs anos do Moncho (1977).

En Cuba produxo a meirande parte da súa obra antes citada e ademáis Xente no rodicio (1965)  A muller de ferro (1969) e Querido Tomás (1980).

As súas novelas Camiño bretemoso (1967), Historias de emigrantes (1968) e Remuíño de sombras (1973) abordan o tema da emigración e o desarraigamento. As dúas últimas sitúanse en Bos Aires; Tempo novo (1987), en cambio, transcorre na Cuba posterior á revolución. En De cando Suso foi carteiro (1988) recupera ao protagonista infantil.

Ademais de narrativa, Neira Vilas é autor dunha ampla obra poética, ensaística e xornalística.

Radicouse, con Anisia a súa dona (escritora e xornalista) en Gres en 1994, na aldea natal, onde presidiron a Fundación cultural Xosé Neira Vilas.

Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dous Poetas.

Ademáis de figurar entre os autores máis lídos da literatura galega, Xosé Neira Vilas é quizáis ou narrador que mellor expresou a dureza da vida campesiña e o sentimento do desarraigamento do emigrante galego.

Morre o pasado venres 27 de novembro na súa casa de Vila de Cruces.

O pase de diapositivas require JavaScript.