Arquivo por etiquetas: Samaín
Curtas de medo
Imaxe
Concurso de cabazas SAMAÍN 2016
A Biblioteca e os Departamentos de Dinamización Lingüística e de Lingua e Literatura Galega do I.E.S. Agra do Orzán fan un chamamento á participación do alumnado do centro no concurso do Samaín 2016, que se rexe polas seguintes BASES:
- Poderán participar todos os alumnos do IES Agra do Orzán no Concurso de cabazas.
- A confección de cabazas deberá procurar a maior orixinalidade posible.
- O prazo máximo para a entrega remata o martes día 25 de outubro, e será entregado na conserxaría do centro.
- As cabazas exporanse no vestíbulo de entrada do centro desde o martes 25.
- Un xurado composto para a ocasión decidirá sobre o valor das entregas merecentes de premio.
- A participación supón que se aceptan estas bases.
Club de lectura BABEL. O corazón de Xúpiter
O pasado mes de xaneiro tivemos a sesión do club de lectura BABEL, limos O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.
A protagonista, Isla, muda de cidade e empeza de cero nun novo instituto.Gustáballe pasear polo ciberespazo baixo o nick Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nome que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba. Alí co
Entrega de premios do concurso de cabazas Samaín 2015
Gañadores do Concurso de Cabazas SAMAÍN 2015
Concurso Cabazas. Samaín 2015.
Amosamos as fotos das cabazas que participan no Concurso Samaín 2015 do noso instituto.
Próximamente anunciaremos o nome dos gañadores.
Grazas por participar!!!
Concurso de cabazas. Samaín 2015
A Biblioteca e os Departamentos de Dinamización Lingüística e de Lingua e Literatura Galega do I.E.S. Agra do Orzán fan un chamamento á participación do alumnado do centro no concurso do Samaín 2015, que se rexe polas seguintes BASES:
- Poderán participar todos os alumnos do I.E.S. Agra do Orzán no Concurso de cabazas.
- A confección de cabazas deberá procurar a maior orixinalidade posíbel na feitura e ornamentación.
- O prazo máximo para a entrega remata o luns día 26 de outubro, e será entregado na conserxaría do centro.
- As cabazas exporanse no vestíbulo de entrada do centro desde o martes 27.
- Un xurado composto para a ocasión decidirá sobre o valor das entregas merecentes de premio.
- A participación supón que se aceptan estas bases.