ROTEIROS DEPORTE E SAÚDE

A principios do mes  de marzo  a Biblioteca Ágora levou  a cabo , un ano máis,  co alumnado  de 3º ESO do noso centro, os Roteiros deporte e saúde .

O obxectivo da actividade é que o alumnado coñeza o seu entorno e descubra elementos deportivos e culturais na súa contorna máis próxima. Poñendo en valor os espazos vinculados  a disciplinas deportivas e traballar valores relacionados co deporte e a vida saudable.

Pero  quen nos ía dicir a nós neses días que agora estariamos vivindo un estado de alarma por crise sanitaria a causa do covid-19. Quedando por un longo tempo na casa como medida de contención do virus. 

Pero como non debemos perder a esperanza e seguir resistindo con paciencia, para animarvos deixamos varias ligazóns da actividade grazas á Biblioteca Ágora: 

Flickr

https://www.flickr.com/search/?text=marzo2020%20roteiros&view_all=1

Blog

https://sumagora.wordpress.com/2020/03/30/a-saude-integral-protagonista-dos-roteiros-xuvenis-polo-barrio/

Instagram

https://www.instagram.com/p/B-WrHG8i8Kh/

Blog SUMA ÁGORA , Campaña Chiscadela a #Manuel María

 

 A pasada semana con motivo do Día das Letras Galegas  a Biblioteca do Ágora fixo  a campaña da  Chiscadela a #ManuelMaría que desenvolveu  dentro do  traballo de colaboración conxunto co CEIP María Barbeito para celebrar o día das #LetrasGalegas2016. Algúns membros da nosa comunidade educativa participaron nela  facendo unha chiscadela ao escritor chairego Manuel María .

Aquí tendes o enlace ás fotos.

CIAO ITALIANI

Un ano máis fixemos un intercambio co Istituto di Istruzione Superiore Benedetti Tommaseo (Castello, Venecia) xunto co IES Monte das Moas. Este curso o intercambio foi en torno ao Club de Lectura e a Biblioteca. Os alumnos galegos leron O segredo de Marco Polo de Francisco Castro ambientado en Venecia, e os alumnos italianos leron Trece  campanadas de Suso de Toro, ambientado en Compostela. Un dos días da estancia en  A Coruña fomos á Cidade Vella e a  Santiago de Compostela e Fisterra , nesta ligazón veredes un PowerPoint desa actividade.   

Os alumnos italianos traballaron na Biblioteca do Ágora dentro da  proposta “Ma come é bello vivere alla Corogna!”. A biblioteca do Ágora compartiu  connosco a  crónica das xornadas nesta  ligazón, así como tamén unha selección de fotos que subiron  ao seu perfil en flickr:

– Post no blog Suma Ágora: https://sumagora.wordpress.com/2016/04/20/ma-come-e-bello-vivere-alla-corogna/
– Selección de fotos en flickr: http://bit.ly/1TRvpBO

ARRIVEDERCI! 

 

 

 

Entrega de Premios AI no noso centro

Hoxe luns 25  de xaneiro no salón  de actos do noso instituto,  Eva e Nuria , da Biblioteca do Ágora, fixeron entrega dos premios aos alumnos de 1º da ESO polos traballos  de Alfabetización Informacional. Aproveitaron para conmemorar o nacemento de Castelao,  caracterizáronse  para  a ocasión e leron  un fragmento do libro ” Os dous de sempre”.

Estes son os membros dos equipos gañadores segundo a temática:

ESPAZOS ( 1º ESO- B) : Marina, Alba Álvarez, Alba Bermúdez, Rubén, Lizbeth, Jairo, Natalia.

SERVIZOS (1º ESO- D) : Alex, Bea, Asley, Aarón.

RECOMENDACIÓNS  (1º ESO-B): Carlota, Romina, María, Nicol, Juan , Castro, Sara A.

ACTIVIDADES ( 1º eso-D): Diego García, Diego Blanco, Adrián, Yandira, Uriel, Marco, Ana.

ACTIVIDADES ( 1º ESO- B): Sara, María, Lucas, Nerea, Paula, Carla, David.

Deixamos unha selección de fotos  da entrega de premios compartindo a ligazón  a Biblioteca do Ágora en Flicrk.

Traballos destacados de 1º ESO de Alfabetización Informacional

No mes de Novembro   dende a Biblioteca Ágora púxose en marcha  un programa de Alfabetización Informacional (AI) cos alumnos de 1º e 2º de ESO. Desenroláronse unhas sesións previas no centro e logo as visitas á biblioteca do Ágora. Nestas sesións conformáronse diferentes equipos de traballo atendendo a contidos e inquietudes diferentes.

Xa saíron publicados no blog Suma Ágora  os  traballos dos equipos gañadores de 1º ESO,  traballos que pola súa forma de presentación, pola súa orixinalidade, pola súa creatividade e/ou polos seus contidos, quixeron reseñalos  no blog.

COMPARTIMOS Á LIGAZÓN AO BLOG  SUMA ÁGORA     

 

Sumando forzas coa Biblioteca do Ágora

O pasado mes de Outubro a Biblioteca do Ágora puxo en marcha para os alumnos do noso centro un proxecto de Alfabetización Informacional. Fixéramos referencia a este programa  nun  post anterior.

Agora queremos  deixarvos a ligazón a un interesante e emotivo artigo que escribiron acerca do proxecto dende  a Biblioteca do Ágora.

SUMA AGORA