CLUB DE LECTURA 1º ESO

O pasado venres tivemos a reunión do Club de Lectura de 1º ESO. Coñecimos un pouquiño máis a Anémona de Río, o seu traballo na Escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético . Analizamos as personaxes do manga galego TAM , e profundizamos nas caraterísticas do manga.

Que gozada de alumnado !!!

Finalizamos o Club de lectura BABEL

Hoxe tivemos a última sesión, neste curso, do Club de Lectura BABEL

Compartimos impresións sobre o manga galego TAM de Aldara Álvarez que levou o Premio Fin de Curso 2017 na escola profesional de banda deseñada e ilustración O Garaxe HerméticoRetranca Editora púxoo nas librerías este pasado febreiro e está a resultar un éxito. Podes escoitar a Aldara nunha entrevista que lle fixeron en Radio Pontevedra. 

Aprendimos a diferenza entre o cómic e o manga, analizamos os personaxes da historia e falamos da escravitude da moda e a importancia que hai na sociedade sobre  a imaxe física, sobre todo nas rapazas. Sen olvidar a influencia das redes sociais.   

 

Próxima sesión do Club de lectura BABEL

Na próxima sesión do Club de Lectura BABEL leremos o manga galego  TAM , escrito por Aldara Álvarez  (Anémona del Río) e editado por Retranca Editora.

Este libro gañou o Premio Fin de Curso da 3ª promoción do curso de Banda Deseñada de O Garaxe Hermético de Pontevedra.