Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

O PREMIO

A escritora galega Ledicia Costas foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015 pola súa novela “Escarlatina, a cociñeira defunta”, premio entregado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Trátase, segundo o xurado, de “unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte”.

Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2014.

Obtén este galardón xunto con outros premiados galegos en anos anteriores: Paco Martín con Das cousas de Ramón Lamote (1985), Xabier DoCampo con Cando petan na porta pola noite (Xerais, 1995), Fina Casalderrey con O misterio dos fillos de Lúa (1996) e Agustín Fernández Paz con O único que queda é o amor (Xerais, 2008), os únicos que até agora obtiveran este galardón.

A AUTORA

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega.

Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía.Ledicia Costas

Ledicia Costas debutó na novela “Unha estrela non vento” (1999); á que seguiron O corazón de Xúpiter” (2012, Premio Neira Vilas),”Recinto Gris” (2014) e “Escarlatina, a cociñeira defunta” (2014) que mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, o Premio Fervenzas Literarias, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, e foi incluído na Lista de Honor do IBBY (International Board on Books for Young People) para 2016.

A súa obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas: “Isto é un poema e hai xente detrás” (Espiral Maior e Xunta de Galicia), Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo (Xerais), “Pel con Pel” (Editorial Galaxia), “Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís” (A Nave das IDeas). Individualmente ten publicado o poemario “Xardín de Inverno”. A día de hoxe forma parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos. E nese día tan especial recibiu un  agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negroescarlatina onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un  arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.Unha ducia de larpeiras receitas, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula a lectura e a curiosidade polo mundo da cociña.

O libro está dirixido a nenos a partir de 11 anos. A autora fálalles aos seus lectores da morte sen prejuicios e co humor macabro que lle gusta e que ten un dos seus referentes máis claros en Tim Burton.

O libro está ilustrado por Víctor Rivas, cultiva calquera estilo de debuxo aínda que os mundos fantásticos e as estéticas victorianas son as súas preferidas.

Ledicia Costas entregou a precuela, “Esmeraldina, a pequena defunta”, que se publicará a próxima primavera.

O CORAZÓN DE XÚPITER 

Se vos gusta o tema das citas “a cegas”, das quedadas a través da Rede con persoas que non coñecemos no mundo real e coma non  a AstronPORTADA O Corazón de Xúpiteromía,  tendes que ler este libro. Quererás terminalo sen parar. Hoxe no noso redor se da con mais frecuencia este tipo de actos nas redes sociais: a publicación e difusión de fotos dos outr@s, as ameazas por whatshap, as citas cos descoñecid@s…

O libro desvela como será o encontro de Isla e Xúpiter. E vaia final!!!Planeta júpiter

Advertisements