ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL EN 2º ESO CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL

Neste mes de Novembro a Biblioteca Ágora puxo en marcha, un curso máis, para o alumnado de 2º ESO do noso centro un proxecto de Alfabetización Informacional en torno ao 25 N. Fixeron busca, localización, análise e comprensión de contidos sobre violencia sexual. Coñeceron títulos que abordan esta temática e que contén o catálogo das Bibliotecas Municipais.

A rapazada gozou coa proposta aínda que tivese que ser adaptada aos tempos da Covid-19. 

Agradecemos á Biblioteca Ágora por colaborar con nós un ano máis e proveitamos para compartir as ligazóns ás imaxes que seleccionaron de todas as sesións realizadas, así como tamén o enlace da programación do #25N das Bibliotecas Municipais e da súa guía de lectura.

FOTOS EN FLICKR

FOTOS NO TWITTER 

25N NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DA CORUÑA

GUÍA DE LECTURA #TiDecides 

Rompe o silencio

A pasada semana o alumando de 2º ESO participou no obradoiro sobre violencias e sexismo impartido pola ONG Tierra de Hombres na Biblioteca Ágora.

Aquí tendes a ligazón ás fotos 

Primeiro  visitaron a exposición fotográfica e despois  María Filgueira, técnico en educación da ONG conduciú o obradoiro.

O obxectivo principal consistía en visibilizar e prevenir a problemática da violencia, así como contribuir a paliar as súas consecuencias a través da adquisición de coñecementos por parte de adolescentes sobre os mecanismos de detección.

Os contidos a traballar: Acoso. Ciberacoso. Sexting. Grooming. Denuncia. Definición e tipos de violencia.      Sexismo. A súa influencia na violencia de xénero.

Escolleron 3 ámbitos para exemplificarllo: música, cine de acción e publicidade. Mostraron unha selección de fondos da biblioteca (cómics, películas, narrativa… para traballar a animación lectora e a importancia da Biblioteca como facilitadora de recursos).