Premio Nobel de Literatura 2015

premio nobel

O xoves 8 de outubro de 2015 a Academia Sueca anunciou que a escritora  Svetlana Alexijevich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015.

A escritora e periodista Svetlana Alexijevich, naceu en 1948 en Ivano-Frankivsk, na Ucrania soviética, pero criouse en Bielorrusia. Filla de dous mestres, o pai bielorruso e nai ucraniana, estudou periodismo na Universidade de Minsk. Durante un tempo debatiuse entre a tradición familiar de traballar no ensino ou no periodismo, decantándose finalmente por esto último. Traballou como reportera na prensa local de Narowla e foi periodista na revista literaria Neman de Minsk.

A súa obra, a medio camiño entre a literatura e o periodismo, é unha crónica persoal da historia dos homes e mulleres soviéticos e postsoviéticos, aos que entrevistou para as súas narracións nos momentos máis dramáticos da historia do seus país, como por exemplo a II Guerra Mundial, a Guerra de Afganistán, a caída da Unión Soviética e o accidente de Chérnobil. Así o vemos no libro La guerra no tiene rostro femenino (1983) no que, a partir dunha serie de entrevistas, aborda o tema das mulleres rusas que participaron na II Guerra Mundial. En Voces de Chernóbil (1997) recolle as testemuñas de moitas persoas afectadas pola catástrofe nuclear.

Advertisements