Música e poesía con Luisa Villalta
Resposta
20.II.2019. Alumnas e alumnos de Valores (E1CA e E1B), comezan o ascenso aos altos outeiros do Monterrancheiro.
Polo camiño atopan e investigan a contorna da Arqueta dos Frades, construción abovedada do século XVII, fonte que nutría de auga á Coruña toda. Deixan á dereita o vieiro que conduce cara á Gramela e ao lugar de Loureiro, e enfróntanse á gran costa. Ascenso bastante esixente ( dificultade media). Así que deciden descansar, rodeados de natureza, nun prado. Alí reciben o saúdo da fauna local (unha vaca).
Finalmente, recuperados os folgos, atacan o cume. Vista marabillosa da Coruña enteira e do Mar de María Antonia, que é como lle chaman os vellos mariñeiros ás augas que rodean a cidade.
Comando Monterrancheiro.
Volveremos !