CONVERSAS CON… é unha sección do blog SUMA ÁGORA na que queren compartir o traballo de diferentes persoas do noso barrio.O pasado mércores 9 de novembro, catro alumnos do noso centro, que fan halterofilia , conversaron coas bibliotecarias do Ágora, Eva e Nuria do seguinte: sobre os seus inicios nesta disciplina, falaron sobre os prexuizos de cara a este deporte, que lles aportou nas súas vidas, os seus referentes e sobre todo os seus soños de futuro. Non remataron sen antes deixarnos a recomendación do seu libro favorito e máis cousas que descubriredes nesta ligazón.
Agradecémoslle á Biblioteca do Ágora que compartiran con nos esta emotiva e reflexiva entrevista con Ana Arufe, Fátima Sanfo, Anxo Silva e Román Pose.
Aqui deixámosvos as fotos da reportaxe.