Acerca de biblioagra

O blog da biblioteca escolar do IES Agra do Orzán

ROSALÍA DE CASTRO, “teus doces cantares”

Un ano máis e malia o temporal que estamos a atravesar, os versos de Rosalía voaron polo instituto para conmemorarmos o cabodano do seu nacemento.

Nesta ligazón puidemos ler nas aulas o manifesto escrito por Anna Figueiredo para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo deste día.

Tamén escoitamos versións musicadas dos seus poemas. No vídeo escoitastes a de EVOEH para “Negra sombra”.

Mais, rosalianas como somos, tiramos para á casa, e velaquí tedes a composición que o noso querido excompañeiro de aulas, o músico e autor literario CÉSAR MÓRÁN, creou sobre uns versos do poema “En Cornes“.

“Cantar, cantar, cantei…” e cantaremos…;

CLUB DE LECTURA 1º ESO

O pasado venres tivemos a reunión do Club de Lectura de 1º ESO. Coñecimos un pouquiño máis a Anémona de Río, o seu traballo na Escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético . Analizamos as personaxes do manga galego TAM , e profundizamos nas caraterísticas do manga.

Que gozada de alumnado !!!

DÍA DA PAZ 2021

No Día da Paz deste curso tan estrano, no IES Agra do Orzán xa comezamos o proceso de vacinación para vivirmos en paz . Vacinas, apósitos , remedios caseiros… xa temos algúns.

O alumnado e o profesorado deixou no mural, feito por las alumnas Sabela Fiaño, Águeda Belmonte e Iria Alonso de 3º ESO – D, os seus remedios.

SUMANDO ESFORZOS COA BIBLIOTECA ÁGORA ARREDOR DO 25 N

A Biblioteca Ágora levou a cabo, co alumnado de 2º ESO do noso instituto, unha campaña polo #25 NDía da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres, co obxectivo de visibilizar o papel das bibliotecas como espazos potenciais de contribución á transformación social.

Deixámosvos a ligazón ao blog da Biblioteca Ágora arredor do Día da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres.

BLOG SUMA AGORA