Esta semana leváronse a cabo, cos tres grupos de 3ºESO, os Roteiros de Saúde e Deporte en colaboración coa Biblioteca Ágora e o Departamento de EF. Unha actividade que permite afianzar unha relación positiva cos espazos cotiáns de vida, especialmente os relacionados co deporte e cunha vida saudable.
Na actividade acompañounos Christian e José Ramón, ambos alumnos de TAFAD (Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas), que colaboraron connosco e compartiron co alumnado a súa experiencia nesta formación.
A Biblioteca Ágora comparte connosco a ligazón ás fotos da actividade.