Queremos compartir estas fermosas palabras extraídas do Blog Suma Ágora (Biblioteca do Ágora) sobre a actividade levada a cabo co alumnado do Intercambio de Venecia.
“O Eloxio da diversidade nacía vinculado á celebración das Letras Galegas 2018 e cunha clara vontade de poñer en valor o galego, de facelo visible a un colectivo externo redescubrindo unha realidade opaca desde fóra, e amosar a delicada situación pola que atravesamos desde unha óptica positiva de enxalzar a pluralidade, a variedade e a diferenza.”