Comando Monterrancheiro.

Crónica do noso compañeiro Xurxo Souto dunha actividade co alumnado de  1º ESO na materia de Valores Éticos. O ASCENSO A MONTERRANCHEIRO, 1º ESO B, C

20.II.2019. Alumnas e alumnos de Valores (E1CA e E1B), comezan o ascenso aos altos outeiros do Monterrancheiro.

Polo camiño atopan e investigan a contorna da Arqueta dos Frades, construción abovedada do século XVII, fonte que nutría de auga á Coruña toda. Deixan á dereita o vieiro que conduce cara á Gramela e ao lugar de Loureiro, e enfróntanse á gran costa.  Ascenso bastante esixente ( dificultade media). Así que deciden descansar, rodeados de natureza, nun prado. Alí  reciben o saúdo da fauna local (unha vaca).

O ASCENSO A MONTERRANCHEIRO, parada vacuna

Finalmente, recuperados os folgos, atacan o cume. Vista marabillosa da Coruña enteira e do Mar de María Antonia, que é como lle chaman os vellos mariñeiros ás augas que rodean a cidade.

Comando Monterrancheiro.

Volveremos !

Xurxo Souto 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s