Roteiro deporte e saúde

Os días 10, 13 e 14 de febreiro, o alumnado  de 3º ESO, acompañados polo profesor de EF, Sergio Padín, participaron no “Roteiro Deporte e Saúde”, organizado pola Biblioteca Ágora.

O roteiro comenzou no salón de Actos do instituto, Nuria e Eva da Biblioteca do Ágora, explicaban á actividade para a continuación  pasar a expoñer  en que se basea o Ciclo Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas y Deportivas, que se imparte no noso instituto. Esta explicación déronna os estudantes de 2º curso do TAFD: Iván Manteiga, Alberto Ramilo, Fernando Arcay, Sheila Tasende e Pilar Añón. Logo das explicacións comenzaron o percorrido primeiro polo complexo deportivo do Agra, alí Alberto Méndez, técnico deportivo e encargado das actividades de auga do
complexo, faloulles das actividades e cursos que fanse  nas instalcións.

Ligazón ás fotos en Flickr da Biblioteca do Ágora 

Despois en Azteca Box, Escola de Boxeo, Luís Suárez, entrenador nacional de Boxeo desveloulles a realidade e os mitos en torno a este deporte.

img_8103

Continuando o Roteiro polo barrio chegaron a  Kung Fu Galicia. Juan Saldeño, sifu (mestre) explicoulles que é o wing chun e  descubriron  o kung Fu.
A actividade rematou na Biblioteca do Ágora. Nuria e Eva explicaron o  Centro Ágora como canalizador de actividades deportivas e saudables. A Biblioteca como punto de encontro para diferentes colectivos e intereses. E dentro dela o Centro de Interese Vida Saudable.

AQUÍ TENDES UNHA ESCOLMA  DE FOTOS DA ACTIVIDADE, COMPARTIDAS POLA BIBLIOTECA DO ÁGORA

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Os obxectivos  que perseguían as responsables da actividade da Biblioteca do Ágora e o Departamento  de EF do instituto cos Roteiros son:

-Tentar que o alumnado coñeza máis e mellor o seu entorno, gañe estima polo mesmo e descubra aqueles elementos deportivos, culturais, etc…presentes na súa contorna máis próxima.
-Afianzar, desde a adolescencia, unha relación consciente e en positivo con
respecto aos seus propios espazos cotiás de vida.

-Coñecer o noso barrio,poñer en valor os seus espazos e as súas xentes, especialmente aquelas vinculadas a diferentes disciplinas deportivas, e traballar valores relacionados co deporte e unha vida máis saudable.

Grazas á Biblioteca do Ágora por compartir connosco o post do Roteiro no blog de Suma Ágora e por suposto agradecer o seu apoio e a súa contínua colaboración co Instituto e coa Biblioteca.  

Unha opinión sobre “Roteiro deporte e saúde

  1. Pingback: Deporte e saúde estrean os roteiros xuvenís polo barrio | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s