A Biblioteca e os Departamentos de Dinamización Lingüística e de Lingua e Literatura Galega do I.E.S. Agra do Orzán fan un chamamento á participación do alumnado do centro no concurso do Samaín 2016, que se rexe polas seguintes BASES:
- Poderán participar todos os alumnos do IES Agra do Orzán no Concurso de cabazas.
- A confección de cabazas deberá procurar a maior orixinalidade posible.
- O prazo máximo para a entrega remata o martes día 25 de outubro, e será entregado na conserxaría do centro.
- As cabazas exporanse no vestíbulo de entrada do centro desde o martes 25.
- Un xurado composto para a ocasión decidirá sobre o valor das entregas merecentes de premio.
- A participación supón que se aceptan estas bases.
